
To sign the charter and participate you must be registered on the site.
If you support the principles expressed in the Charter, please sign it! When you go to the signing page, you will have to opt for being just one of the following types of signatory:
Clauses 4 and 5 of the Charter are more likely to be endorsed by Providers; if you are signing as a Supporter or Sponsor you have the option of deleting all or part of these clauses. If you sign as a Provider, you are encouraged to publish your Action Plan for Media Literacy on the website, thus enabling and encouraging dialogue and partnerships. If you sign as a Supporter or a Sponsor, you do not have to publish Action Plans, although you can provide details about yourself or your organisation if you wish.
(Nome da organización) comprométese cos obxectivos e principios aquí expostos, coa finalidade de promover e desesenvolver mellor a alfabetización en medios no espazo europeo.
1) Comprometémonos a:
Concienciar á cidadanía sobre a importancia da alfabetización en medios, pondo un énfase especial nos medios de comunicación, información e expresión.
Promover a importancia da alfabetización en medios no desenvolvemento do ámbito educativo, cultural, político, social e económico.
Soster o principio de que todo cidadán europeo, sen distinción de idade, e tanto nun contexto de educación formal como informal, deba ter a oportunidade de desenvolver as destrezas e coñecementos necesarios para incrementar o interese, a comprensión e a exploración cara ós medios.
2) Cremos que as persoas alfabetizadas en medios deben ser capaces de:
Usar axeitadamente as tecnoloxías dos medios para acceder, conservar, recuperar e compartir contidos que respondan a intereses e necesidades individuais e da comunidade.
Ter acceso, facendo unha escolla adecuada, á ampla gama de formas e contidos mediáticos provenientes das diversas fontes culturais e institucionais.
Comprender cómo e por qué se producen os contidos mediáticos.
Facer unha análise crítica das técnicas, das linguaxes e das convencións empregadas polos medios e as mensaxes que estes transmiten.
Usar os medios con creatividade para expresar e comunicar ideas, informacións e opinións.
Identificar e evitar ou cuestionar, os contidos mediáticos e servizos que poidan ser indesexados, ofensivos ou prexudiciais.
Facer un uso eficaz dos media no exercicio dos dereitos democráticos e civís propios.
3) Contribuiremos para desenvolver na poboación europea unha cultura da alfabetización dos media, fomentando e dando a posibilidade ós cidadáns para:
Ampliar as súas experiencias nos diferentes tipos de formas e contidos mediáticos.
Desenvolver as capacidades críticas para analizar e avaliar os media.
Desenvolver habilidades creativas no uso dos media para expresarse, comunicarse e participar no debate público.
4) Comprometémonos a apoiar e a participar en proxectos de investigación que identifiquen ou desenvolvan:
Unha mellor comprensión do que significa «a alfabetización en medios».
Unha pedagoxía eficaz e sustentable para acadar a alfabetización en medios.
Métodos e criterios de avaliación aplicables na alfabetización en medios.
5) Comprometémonos a emprender, ou posibilitar que outros emprendan, o seguinte:
A construción de ligazóns con outros subscritores da carta e contribuir así ó crecemento dunha rede europea para a alfabetización nos medios.
Identificar e compartir datos e resultados das iniciativas para a alfabetización en medios que emprendamos ou das cales formamos parte.
Traballar na elaboración de contidos oficiais, co fin de seren utilizados no ámbito da educación dos medios.
6) Desexamos formar parte da lista www.euromedialiteracy.eu na calidade de:
Membro-fundador da Carta europea para a alfabetización en medios.
Patrocinador da Carta europea para a alfabetización en medios.
Colaborador de acordo cos termos da Carta europea para a alfabetización en medios.
Na calidade de colaborador, comprometémonos a desenvolver un Plan de Acción para unha alfabetización en medios, organizado en termos cronolóxicos e orzamentais, que responderá ós compromisos adquiridos nesta Carta. Publicaremos o noso Plan de Acción en www.euromedialiteracy.eu
Responsables da tradución ao galego: María Jesús Botana Vilar e Olivia Novoa Fernández